domingo, 5 de septiembre de 2010

Reciclaxe 2010










Este sabado estivemos no Reciclaxe 2010, un mercadillo en Churruca, de roupa, obxectos, cds e comics de segunda man e tamén onde habia espacio para novos diseñadores, artesáns, exposición de artistas emerxentes e como non, non podía faltar postos con pinchos e moi boa música.
O noso posto estivo situado na Cantina Candela (rúa Martin Códax 12), un bo lugar tanto polo espacio en sí e a música como por Begoña, a cal non nos puido tratar mellor co seu sorriso e as súas tapas ;), volo recomendo!
Foron moitas horas e moita xente acercouse ó posto, sobre todo pola mañá e a última hora da tarde onde tamén aproveitaban para tomarse un viño ou unha caña...
Grazas a todos os que pasástedes a facerme unha visita e charlar un rato connosco e sobre todo a Lo e a Fran, que sempre me acompañan e comparten estes momentos conmigo. A verdade é que estivemos moi a gusto, o tempo pasou voando e bueno, temos ganas de que chegue o próximo ano para repetir, e se puidese ser.. pois antes :)
Unha aperta para todos os que facedes posible e disfrutades con esta iniciativa, vémonos!












1 comentario: